Domingo 24 febreiro de 2013 • 21:00 h Música | 6 eur

Astrío (Jazz Progresivo Experimental, Catalunya)

Astrio causa adicción. É difícil encontrar, no panorama musical do país, unha banda con un directo tan atractivo, poderoso, distintivo e sorprendente como o deste tridente de excelentes músicos.

Dá igual que se manteña inalterado o setlist, cada concerto é distinto. Cada canción parece debutar ese día, incorporando novos matices e imprevisibles xiros que a fan soar como un novo e máis emocionante cover. A permanente metamorfose dos temas en vivo esvaece outro fenómeno, talmente inquietante: o dunha banda en permanente transición.

Quen gozase do privilexio de seguir a súa traxectoria, foi testemuño da progresiva, silente, testana transformación da música de Astrio. Lonxe queda o groove dos primeiros tempos, relativamente intelectual, deliberadamente complexo, baseado na nostalxia do Hammond. O seu segundo álbum, “Desprazamento”, e o innumerable número de concertos posteriores foron a primeira constatación da modernización sónica da banda e do seu desplante estilístico. É entón cando, desacomplexadamente, Astrio tenta á música electrónica para esvaer, xa para sempre, os seus límites musicais. Aínda así, e este é o pequeno milagre, siguen sendo perfectamente indentificables.

Só Astrio soa como Asstrio. “Don’t Leave The Planet”, o seu último disco, non fai outra cousa que confirmar o estalido de esta progresión. Con él e probablemente por primeira vez, o terceto consegue que a música de estudo sexa tan eficaz como intensa é a emoción que son capaces de xerar en directo. Un álbum excelente e polimorfo, que augura unha xira de presentación espectacular. Dá igual que os rapaces perdan unha “S” e as gravatas polo camiño, o espírito transgresor do seu jazz permanece inalterado e o seu directo seguirannos enganchando. Cada vez máis. Don’t leave the planet, boys.

Carles B. Fagen Febrero 2012.

Máis info:

http://www.astrio.es/es/

comments powered by Disqus