Domingo 10 marzo de 2013 • 21:00 h Música | A determinar

Los Sundayers (reggae ska swing latin, Madrid)

Reggae, rock, ska, swing, funk, latin, se se pode bailar, o tocan. Los Sundayers levan desde 2005 armando festa alí onde lles diesen. ¿O resultado? Potentes metais, compacta percusión e bases rítmicas, cálidas voces femeninas e atitude, moita atitude.

Fixeron unha campaña crowdfunding (financiación colectiva) para grabar o seu tercer disco que se fixo realidade.

Con ata 10 compoñentes, o grupo madrileño fíxose un oco por dereito propio dentro da escena reggae e ska estatal, tras publicar dous discos e ducias de concertos.

Neste disco onde prima a fusión indiscriminada de estilos e a consistencia e pegada de cada tema, pódese asegurar que fará as delicias de calqueira que disfrtue coa súa particular mistura de estilos e que sorprenderá gratamente aos que os descubran por vez primeira.

Na súa web pódese descargar o disco.

http://www.sundayers.com

comments powered by Disqus