Domingo 17 marzo de 2013 • 21:00 h Música | 5 eur
Davide Salvado (Tradicional, Galiza)
Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.
Desde o 2004 até hoxe forma parte de varios proxectos Ecléctica Ensemble, Xosé Manuel Budiño, Cabaret d’Aquí, etc.
Ven presentar o seu primeiro traballo en solitario, “Árnica Pura”, producido por Eliseo Parra. Nel ofrécenos un repertorio moi variado, de músicas populares galegas e castellanas, romances, habaneras, cancións de autor… Un disco moi persoal no que Davide nos sorprende cunha escolla do que poderíamos chamar ‘as súas cancións preferidas’. Xirando aínda co espectáculo de “Árnica Pura” e compaxinándoo coa súa labor de docente de pandeireta e canto tradicional en diferentes escolas, Davide Salvado está xa gravando o seu novo traballo. Na primavera de 2013 verá a luz un disco cento por cento galego, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo, cunhas colaboracións de luxo. Un traballo feito desde o corazón, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.
Formación:
Davide Salvado - percusión e voz
Gon Goás - guitarra
comments powered by Disqus