Domingo 14 abril de 2013 • 21:00 h Música | 8 eur

Tony Lomba y su Atril. (wachu-wachu, Vigo)

Tony Lomba y su Atril. (wachu-wachu, Vigo)

Sei que máis dun pensará que sen músicos un escenario queda pobre. Podo estar de acordo, pero é discutible. O espectáculo ou o seu formato cada artista móntao como quere, pode ou lle sae de… Esta historia é simple, sinxela e con todos os inconvenientes que leva consigo a música pregravada, pero o meu anarco-animalismo explota dende o primeiro segundo. Algunhas das cancións son interpretadas improvisando a melodía e sen prexuízo ningún. Gozando sen atender á orixinal para non restar liberdade, nin salvaxismo ao monicreque que as destrúe. Ese monicreque son eu, o Rei do wachu-wachu. ”

De Raphael a Nino Bravo, de Marvin Gaye a Vicente Fernández, de Rod Stewart á música lixeira italiana. Un cóctel que domina Tony Lomba ao dedillo. Como non controla nada, pois está ao 100% (feliz), no seu papel: fóra de control. Un espectáculo onde Tony se divirte, se desgallita e dá o de sempre, todo.

Tony Lomba é un artista que se lle coñece por pertencer a grupos como: Unión Penosa, Los 3 Sudamaricones e Tony Lomba & Elio dous Santos entre outros. Neste espectáculo é un Crooner cun poderío e unha elegancia que o fai sentirse moi cómodo entre “os grandes” intérpretes da música lixeira. Programas de Televisión, de Radio e prensa escrita son os que o recoñeceron como un front-man inigualable pero se non o viches en directo que non cho conten e plántate nun dos seus concertos e non esquecerás que viviches algo especial. No escenario poucos son os que trasmiten tanta enerxía e tan bo rolo pois cada concerto que ofrece parece o último.

All that jazz ou o que é o mesmo: Empeza o espectáculo…con Push to play. Despois de recuperarse da súa rotura do Tendón de Aquiles hai uns meses, Tony Lomba segue tendo a fórmula. “O que non dá un 200% sobre o escenario que se dedique a outra cousa”.

Para saber algo máis:

http://vimeo.com/38390696

http://www.youtube.com/watch?v=82_KAEARYWw&feature=related

comments powered by Disqus