Domingo 21 abril de 2013 • 20:30 h Música | 8 eur
Yacine & The Oriental Groove (Catalunya) + A Compañía do Ruído (Galiza)
Yacine & The Oriental Groove.
Para quen non o saiba Yacine Belahcene Benet foi o fundador e líder de Cheb Balowki, banda mítica de son “arabo/balcánico/mesti Yacine reinvéntase unha vez máis con Yacine & the Oriental Groove, un combo multicultural dirixido por Yannis Papaioanou, laudista grego afincado en Barcelona. Xuntos fixeron o ano 2011 o disco “Parábolic”, traballo que se podería definir como “folclore do ciber - espacio”. O novo traballo de Yacine & the Oriental Groove, que leva o nome de “La estima vence el lado salvaje” continúa e madura esta liña. Co núcleo dos Oriental Groove xa consolidado incorpora unha produción máis elaborada, con colaboracións de músicos gregos, arxelinos e un cuarteto de corda.
Música de aquí e de todas partes, electrónica e folk arxelino; pop occidental e melodías de Grecia; funk e polirritmia que crean unha paisaxe de sons onde o único que non cabe son os discursos fáciles nin os -xa manidos-tópicos sobre a multiculturalidade. A época cambia: Yacine e os seus músicos maduraron e xa non son tempos de “discursos valeiros”, son tempos de explicar a realidade persoal a partir de cancións como “Ténéré” que fala de amor e guerra, ou “atini Boussa” (“Dame un bico”) que fala de liberdade persoal e de aportar unha mensaxe positiva en tempos difíciles. A Compañía do Ruído. Ajárrense os calsonsillos, axustense os pantalóns,
apreten ben o xustillo, asusten os corazóns.
Asaltemos o parlamento, sen tregua, sen condicións,
que vaian presos os bandidos, que apodresan sen compasión.
Que acontesa un Equinosio, que trema a Terra na súa dor,
que o vencido sexa o Estado, e gañe a Lóxica e a Razón.
Que non pare o Ruido Na Rúa, que non ten nen cabo nen fin,
pois un fin por conseguir ten, un medio pra facelo,
e un principio que defender. A Alegria, curiosa palabra, que coa participación, nos leva a un principio sólido… a creación de A Compañía do Ruido
Forza, Imaxinación, e Bo Humor. Neste ano 2013 e dende Ribeira presentamos o noso 6º traballo discográfico “ Pensares Galegos”, e traballa na composición do seu espectáculo “Sempre en Galiza, Sempre en pelotas!!” Formación: Suso Bello. Voz, guitarra Carlos Mariño: Voz, guitarra Nando Pérez: clarinete, saxofón Sabela Olivares: piano, gaita Juancho Rivas. Gaita, whistle Manuel Blanco: Batería Ismael Guisande: Tuba Máis info das bandas: http://www.yacineorientalgroove.com