Venres 19 abril de 2013 • 22:30 h Música | 6 ant / 8 bill

Caracol Andador "Recordando a Lorca y La Argentinita" (Folc Jazz, Valladolid)

Caracol Andador "Recordando a Lorca y La Argentinita" (Folc Jazz, Valladolid)

CARACOL ANDADOR é un grupo de recente creación. En 2009 comeza o seu camiño sobre os escenarios. Pero a súa xestación foi lenta e laboriosa. Catro anos antes algúns dos seus compoñentes comezaron a pensar en levar adiante este proxecto, tomando como referencia de arranque o disco “Colección de Cancións Populares Españolas”, gravado en 1931, coa voz de La Argentinita e Federico García Lorca ao piano.

Durante este tempo de elaboración traballouse fundamentalmente na tarefa de adaptación e arranxos e a busca de novos conceptos que puidesen enriquecer esa colección de pequenas xoias da cultura musical española. O resultado xa chegou ao seu destinatario: o público. As primeiras impresións son positivas e o grupo formúlase manter esta liña de traballo e indagar en novos repertorios para dalos o seu persoal xeito de entender a música nos nosos días. En xaneiro de 2011 publicouse o seu primeiro traballo discográfico.

Os compoñentes:

· Jesús Ronda (guitarra, percusións e voz) · Alberto Requejo (saxo tenor) · Jaime Lafuente (voz) · Chuchi Marcos (baixo) . Paco Tejero (batería)

Máis info:

A súa web: http://www.divergentes.es/index.php/grupo/elcaracolandador.html

http://www.myspace.com/elcaracolandador

Así soa en directo:

Sevillanas del siglo XVIII. http://www.youtube.com/watch?v=9C7NMfIR4dc

En el café de Chinitashttp://www.youtube.com/watch?v=hTryRNNqtxo

Las morillas de Jaén. http://www.youtube.com/watch?v=-W0MHMZEFFg

comments powered by Disqus