Xoves 2 maio de 2013 • 21:30 h Música | 5 eur
Sin Red (Poesía Jazz Improvisación, Castela-León)
A música experimental de SIN RED achégase a BUEU
O vindeiro xoves, 2 de Maio, teremos a oportunidade de gozar en Bueu dun concerto de excepción. O cuarteto SIN RED ofrece na Sala Aturuxo un espectáculo no que combinarán música, poesía e teatralidade e que de certo non deixará indiferente a ninguén. SIN RED é a formación pioneira na península ibérica no uso da improvisación libre, técnica musical que traspasa as fronteiras do jazz para compoñer in situ, no transcurso do propio concerto, melodías e efectos sonoros nos que abundan a sensibilidade, a potencia expresiva e o humor cómplice.
SIN RED está composto por Chefa Alonso (saxo soprano, percusión), Cova Villegas (voz), Ildefonso Rodríguez (saxos, clarinetes, frautas, xoguetes) e Víctor M. Díez (poesía, obxectos). En 2006 obtivo o recoñecemento do Instituto Cervantes como unha das propostas musicais máis talentosas e innovadoras de España, grazas ao cal foron convidados a actuar en diversas xiras por Europa e América. O seu arte sonoro de vangarda, cociñado ante os ollos do público, é asiduo de festivais e centros de arte contemporánea. En 2010 editaron o álbum “Aguacero”, como testemuña da súa traxectoria internacional.
Algún video para facernos idea:
https://www.youtube.com/watch?v=QdxDhSW2j84
http://www.youtube.com/watch?v=aemygDZR9A0&feature=youtu.be
comments powered by Disqus