Sábado 18 maio de 2013 • 23:00 h Música | 5 eur

Mary`s Swing Band (Swing jazz, Ourense)

Mary`s Swing Band (Swing jazz, Ourense)

Despois da cancelación de hai unhas semanas, volta a programación do local esta banda.

Mary`s Swing Band é unha banda de Swing, que nace en Allariz Ourense, no ano 2011 a partir do encontro de diferentes músicos nos combos de Jazz formados na “Escola de Música” da “Casa dá Mocidade” da vila alaricana.

Partindo dunha formación máis jazz, a banda decantouse por un estilo máis swing.

Na actualidade a banda está formada por Rony Rodríguez ao contrabaixo, Goran Strbac á guitarra, Carlos Duran como batería, e Marisa Sánchez como vocalista. Mary Swing’s Band versiona dende estándares de jazz ata temas clásicos e modernos de rock, pop, ou blues, todo iso sempre cun marcado estilo swing sinal de identidade da banda.

O remate do concerto teremos unha sesión de música swing, jazz, para disfrutar escoitando ou para os/as que queiran seguir bailando.

Deixamos un video da banda:

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=CDzQj1MNhu8#!

comments powered by Disqus