Domingo 12 maio de 2013 • 21:30 h Música | 7 eur

The Ford Broncos (Bluegrass Country Punk, Alemania)

The Ford Broncos (Bluegrass Country Punk, Alemania)

Solo vívese dúas veces”

Dende a capital do estado mais setentrional de Alemaña, a beiras do mar Báltico, chega unha banda acústica de punk rock mal camuflada que utiliza as raíces de bluegrass, composición simple pero eficaz e estelas de cajun, blues e rock soul americano para xerar un estilo musical que xa nos deixou no Aturuxo bo sabor de boca na anterior xira.

O espectáculo convértese nun minicirco do mais distinto, 5 amigos como 5 polos opostos que se xuntaron hai 10 anos cun proxecto en común que xunta un eclecticismo musical digno de estudo como os seus propios compoñentes.

Unindo os seus gustos musicais formados con outras bandas de Blues, Rock, Indie, Heavy e ata Hip Hop gravaron o seu ultimo disco co (case) coñecido selo Hazelwood Vinyl Plastics e veñen a promovelo na súa xira galega durante 12 días. Bruno T. Ford: Guitarra e voz, Big Mario: Baixo e coros, Engano Bronco: Guitarra e coros, Kay Bronco: Harmónica e Ole Bronco: Batería.

Para máis info e escoitar o novo traballo na seguinte ligazón:

http://www.reverbnation.com/thefordbroncos

comments powered by Disqus