Domingo 19 maio de 2013 • 21:30 h Música | 8€ ant / 12€ bill + Cd/Lp
Red Soul Comunity (BossReggae Rocksteady Calypso, Andalucía)
Red Soul Community volve a terras galegas, dende a súa última visita no 2010, para apresentar “I Never Learn” (Grover 2013).
Desta volta pasarán pola Mardi Gras (A Coruña), A Iguana Clube (Vigo) e Aturuxo (Bueu) o 17, 18 e 19 de maio respectivamente, co seu arrollador e elegante directo.
Unhas noites carregadas de Boss Reggae e Rocksteady, aderezadas cunha pinga de Ska e Calypso, para dar boa conta deste novo traballo, que situou aos granadinos entre as bandas máis destacadas e recoñecidas da escena europea de “oldies xamaiquinos”.
Cita imprescindible para os amantes dos sons orixinais da Illa do Tesouro, así como para os neófitos ao xénero.
Máis info:
http://www.redsoulcommunity.com/
http://redsoulcommunity.bandcamp.com/
comments powered by Disqus