Domingo 9 novembro de 2008 • 21:30 h Música | 5,00 €

Gustavo Almeida & Brasilian Night (Pop, funk / Brasil, Galiza)

Gustavo Almeida, cantante e compositor brasileiro. Fillo da consagrada cantante brasileira Ellen de Lima, entende a música como un medio de comunicación onde un debe transmitir aquelo que sinte sen o afán de ser un fenómeno de masas, como parece que é o primordial nos días de hoxe.

Deixou o seu país hai algúns anos para viaxar por Europa e coñecer outras culturas. Percorrendo moitos recunchos e a través do seu espiritu aberto, vai creando aos poucos a súa propia identidade musical tanto no que se refire ás súas letras como nas súas melodías, harmonias e ritmos.

Cantantes como Djavan, Caetano Veloso, Jorge Vercilo, Serrat, Sabina, Ricardo Arjona, Luís Quintana entre outros, mesturáronse á súa esencia persoal para que desde aí xurdise o seu primeiro CD “Por se me escoitan” e as súas ultimas composicións que compoñen o seu actual traballo chamado “Cabaña”.

Compoñentes:

  • Gustavo Almeida: guitarra e voz
  • Ricardo Ferreira: guitarra
  • Carles Andrés: baixo
  • Frac Gorriz: batería
  • Adrián Solla: teclados

Visita a web de Gustavo Almeida & Brasilian Night