Venres 31 maio de 2013 • 23:00 h Música | 10 eur

La Coctelera Sónica (Música para todxs, Madrid)

La Coctelera Sónica (Música para todxs, Madrid)

A Cocteleira Sónica é un proxecto musical colectivo que xorde de xeito espontánea durante o inverno 2011-2012 ante a necesidade de xuntar forzas para poder transmitir que a música é algo vivo e necesario, para poder mostrar ás novas composicións dos integrantes do grupo, para recordar tantas e tantas cancións que se compuxeron neste estado ao longo do súa historia, para demostrar que non nos rendemos, que cremos no que facemos e que imos defendelo custe o que custe e sobre todo para demostrar que os autores e os músicos estamos vivos e queremos facer partícipes a todos das nosas vivencias.

O máis rechamante de todo isto é que no grupo hai músicos de todas as idades e xeracións, entre 20 e 60 anos, e afíns aos máis diferentes estilos musicais. Blues, pop, rock, jazz, folk, tecno, cabaré, copla, punk… Todos se dan a man e mestúranse e axitan en La Coctelera cos máis impresionantes resultados.

En cada sesión reunímonos entre oito e quince músicos, que subimos ao escenario a interpretar un repertorio temático no que se mesturan cancións coñecidas coas nosas novas composicións e as máis variadas e sorprendentes versións de todos os tempos. Son sesións únicas e irrepetibles en formato acústico (guitarras, violíns, viola, piano, ukelele, percusiones….).

La Coctelera Sónica no Aturuxo son:

Iñaqui Glutamato, Artemio Enemigos, Vanexxa, Luis Malone, Patacho, Marta Tchai, Luis Auserón, e pode haber algún convidado máis…

Enlace:

https://www.facebook.com/LaCocteleraSonica

comments powered by Disqus