Domingo 2 xuño de 2013 • 21:30 h Música | 10 €

Luis Pastor (Canción de Autor, Extremadura). Presentando o seu disco ¿Que fue de los Cantautores?

Luis Pastor (Canción de Autor, Extremadura). Presentando o seu disco ¿Que fue de los Cantautores?

Luis Pastor ¿Que fue de los Cantautores?

Se alguén quere coñecer en catro minutos o fenómeno da canción de autor en España, que non perda o tempo e escoite Que foi dos cantautores, a canción que abre e dá título ao novo álbum de Luis Pastor que se publica no 2012.

Enlazando o spoken word co romanceiro tradicional, o século XXI co XVI, o cantautor extremeño, que nunca renegou da súa condición, dá un repaso, en todos os sentidos, á historia da canción de autor dende os seus comezos nos 60 (“Éramos tan libertarios, casi revolucionarios, ingenuos como valientes, barbilampiños sonrientes…”) ata hoxe (“…Hay cantautor para rato. Cantautor a tus canciones, Zapatero a tus zapatos”) nunha canción lucida, realista sen perder o sentido do humor e verdadeira crónica social dun tempo e dun país tantas veces ingrato e inxusto coa súa cultura.

Pasaron catro décadas e 20 discos dende os seus comezos e, a punto de cumprir os 60 anos, Luis Pastor mantense leal ao título do seu primeiro álbum. Fiel a unha actitude, a uns principios, a un compromiso e a un xeito aberto de facer música.

¿Que fue de los cantautores? é un reflexo desta fidelidade e, ao mesmo tempo, un recordo, unha homenaxe e un agradecemento aos que se foron, como queda patente na dedicatoria do álbum: A todos os compañeiros cantautores que xa non están, pero que nos deixaron o seu exemplo, o seu compromiso e as súas cancións: Ovidi Montllor, Carlos Cano, Chicho Sánchez Ferlosio, Hilario Camacho, Imanol, Labordeta, Quintín Cabrera, Mikel Laboa…. Para combater o esquecemento.

Benvido de novo ó Aturuxo… esperámoste co coraçao aberto.

Máis info:

http://www.luispastor.com

comments powered by Disqus