Venres 21 xuño de 2013 • 23:00 h Música | 6€

Aló Django Trío (Jazz Swing Manouche, Galiza)

Aló Django Trío (Jazz Swing Manouche, Galiza)

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.

Finalmente en Aló Django temos como obxectivo fundamental difundir a música manouche, a través dun concerto con moito swing e humor. Se pensas que o o jazz é aburrido,é que aínda non escoitaches a Aló Django.

Formación:

Alfonso Calvo: contrabaixo

David Tato: guitarra

Xabier Mera: guitarra e voz

Este concerto ten apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.

Máis info:

http://alodjango.bandcamp.com/

comments powered by Disqus