Sábado 27 xullo de 2013 • 22:30 h Mentalismo | De balde
Pablo Raijenstein (Mentalismo / Madrid)
Pablo Raijenstein é un dos representantes da nova xeración de mentalistas. Madrileño de nacemento e de familia alemá, a súa especialidade consiste en fusionar o mentalismo con outras disciplinas artísticas para crear atmósferas e experiencias case oníricas. Os seus espectáculos caracterízanse por ser sorprendentes, directos e excepcionalmente orixinais.
Neste espectáculo, Raijenstein recrea sensacións propias do cinema, a ciencia ficción ou a literatura mediante experiencias paranormais, telepáticas, premonicións e telekinesia que se apoian na suxestión colectiva e elementos de luz estroboscópica para causar en todos eles un impacto memorábel.
Trátase dunha proposta innovadora e sen precedentes que consegue sorprendelo e divertilo ao teempo que lle obriga a reflexionar sobre a súa propia percepción.
Máis info en http://www.raijenstein.com
comments powered by Disqus