Domingo 28 xullo de 2013 • 21:00 h Música | 6€

Falsa Monea (funk rumba ska / Madrid) + D-Rumba2 (rumba fusión / Barcelona)

Falsa Monea (funk rumba ska / Madrid) + D-Rumba2 (rumba fusión / Barcelona)

Falsa Monea

Tendo o funk coma avioneta, os madrileños Falsa Monea planean entre a rumba, o flamenco, o metal ou os ritmos xamaicanos. A esta viaxe polo eclecticismo, etiquetáronno coma Rumba - Chándal- Funk… Sen dúbida unha dose elevada de sertralina melódica e fluoxetina sonora que non deixará a ninguén no asento…

D-Rumba2

d-Rumba2 somos un grupo de amigos, que a maioría somos do barrio Turó de la Peira, Barcelona. Un grupo de amigos que nolo pasamos moi ben facendo música e decidimos tomárnolo máis profesionalmente. A nosa música poderíase ‘etiquetar’ de rumbera, aínda tendo puntos de flamenco, rock, reggae outros ingredientes que alimentan o plato. Sentimos a música como o que é, o reflexo da natureza e é por iso que nos encanta a música en directo; nos concertos, no parque, na casa e nos bares. Vivimos en armonía e queremos compartilo con todo o mundo, a felicidade é posíbel e hai para todos.

Máis info de Falsa Monea: https://soundcloud.com/la-falsamonea/sets/x

Máis info de d-Rumba2: https://www.youtube.com/user/drumba2oficial

comments powered by Disqus