Xoves 1 agosto de 2013 • 22:45 h Música | 2€
Qué Desilusion (Rock / Pontevedra) + Faber Dj Estudio 3 (DJs / Galiza)
Qué Desilusión
O grupo pontevedrés de rock urbano Qué desilusión! faise co accésit para a banda máis votada polo público, despois de conseguir 665 votos e impoñerse ás máis de 100 bandas que participaron no I Concurso SonRías Baixas, polo que actuarán na festa de arranque do Festival, o xoves 1 de agosto, no Aturuxo de Bueu. Qué desilusión! naceu a finais do 2009 e no seu primeiro traballo, A golpe de alfil, xunta dez cancións letras sinceras que falan da noite, do desamor e das drogas. Influenciadas por grupos míticos do rock estatal como Barricada, Platero y Tú, Rosendo ou Los Enemigos, as súas composicións transmiten a frescura dos novos tempos sen perder o aroma recoñecible do rock clásico.
Faber Dj Estudio 3
Caracterizado polas súas mezclas de novidades, Faber Cores traerá á Troula Benvida o que pronto serán hits indiscutibles do pop e do rock. Unha mestura irresistible de pop, rock e electrónica que nos farán bailar e disfrutar ata altas horas… E, chegado o momento, os temas dos 80 que marcaron unha etapa musicalmente inolvidable.
Faber é compañeiro de andanzas de Ricardo Alonso no programa Estudio 3 da Radio Galega Música e máis no grupo Estudio3 Dj’s, xunto con Custis Dj, o terceiro mosqueteiro. Aproveita os seus coñecementos musicais para facer vibrar ao público, fin de semana tras fin de semana, en festivais e clubes de toda Galicia e do resto do Estado. Participará no SonRías Baixas despois de pasar polo Brincadeira, Pulpopop, Festival do Norte ou PopUp en Razo, entre outros moitos. Non vos perdades esta oportunidade de bailar, en primicia absoluta, os hits do futuro.
comments powered by Disqus