Sábado 31 agosto de 2013 • 22:00 h Música | BAR: 10€ ANT / 12€ TAQ
La Negra (jazz flamenco fusión, Alacante)
Amparo Velasco é La Negra, unha artista nacida e criada en Alacante. Viviu a súa adolescencia en América, viaxando por Brásil, México e o resto de Norteamérica. Unha especie de viaxe inciático que sen dúbida marcaría o seu futuro son. Xa no seu primeiro disco, “La negra” (2006,Casa Limón), se aliou con Javier Limón para vertebrar un sutil e elegante tratado de flamenco. Deixándose contaminar polo jazz, o tango e incluso a música brasileira. Este debut sorprendeu pola súa inusitada calidez e desenvoltura soul. Nel brilllaba con luz propia unha voz rota e persoal que sobresaía no panoramoa nacional. Un primeiro asalto musical co que comezaba a revolución tranquila de La Negra. 2011 é o ano no que volve ao estudo de gravación para armar o seu segundo disco. Esta vez déixase acompañar por Juan Fernández “El Panky”, asumindo as tarefas de produtor, compositor e guitarrista. Tamén se une Fernando Vacas, do selo Eureka, como co-productor e compositor. Os tres xuntos crean La que nunca (2012, El Volcán Música). Un álbum co que reinventan o son xitano de La Negra. Un pop fusión que deconstrúe xéneros coma o flamenco, o jazz ou a psicodélia conseguindo soar sofisticado e rabiosamente contemporáneo. Así o demostra o primeiro single de adianto, “La que nunca”, cunha producción orgánica e accesíbel que evita lugares comúns e onde sobresaen unhas adictivas cordas que arroupan a voz de La Negra. A heteroxeneidade sonora que domina as 13 cancións que compoñen o álbum sirve de perfecto colchón sonoro para unhas cuidadas letras. A través delas, La Negra nárranos en primeira persoa a historia de Yukele. Unha personaxe ficticia, sen xénero, abstracto, simbólico e universal, que emprende unha viaxe dende o sur ata o primeiro mundo. Un final agridulce lle espera ao descubrir que lo que ve alí non era o deseado, chegando á conclusión de que a mellor solución é voltar ás suas raíces: a súa única opción para recuperar a felicidade. Un dos mellores momentos do disco precisamente é a canción Yukele. Unha xoia de melodía infecciosa na que colabora Howe Gelbb aos teclados e que foi mesturada por Renaud Letang, produtor de artistas como Manu Chao, Feist, Jane Birkin ou Amadou & Marian. Outros grandes momentos do disco son o orixinal tratamento de La costurera, con ese sampler dunha fonte que ofrece unha das claves para entender o son acuático do álbum, fluíndo como un manantial. A veces a voz e o propio corpo dos músicos son utilizados como un instrumento, como na imaxinativa Celos. Ou no caso de Gallina en medio do choro, un instrumental que acerca a La Negra ao estilo do Fela Kuti máis visceral. Neste álbum a voz de la Negra está tratada dun modo versátil acercándoa a territorios pouco transitados para ela como a chanson francesa na sorpendente versión de Black Trombone de Serge Gainsbourg. En La que nunca colaboraron o xa citado Howe Gelb coa súa aportación aos teclados, o contrabaixo de Thoger T. Lund, Lin Cortés, Kilema, os arreglos de corda de Isabel Vida e Fernanda Carmona e unha selección de músicos da Costa de Marfil e africanos, que aportaron un son poliédrico e fascinante. La que nunca foi gravado durante un ano nos estudos Eureka en Córdoba e foi masterizado en Black Salloon por Manday Parnell.
comments powered by Disqus