Domingo 8 setembro de 2013 • 21:00 h Música | 8 EUROS
SÉS (jazz, blues, fusión / Galiza)
SÉS volta aos escearios para continuar coa xira de presentación do seu novo álbum “CO XENIO DESTROZADO”, a primeira data nesta continuación é no Aturuxo Bar o domingo 8 de Setembro.
“Co Xenio Destrozado” viu a luz o pasado 7 de Xuño, e foi presentado ese mesmo día nun Teatro Principal de Santiago de Compostela cheo ate a bandeira. Nestes meses o disco converteuse nun dos máis vendidos do ano e os concertos da xira de presentación enchen salas, teatros e prazas de toda Galiza. Agora, e tras un breve parón para coller forzas.. SÉS volta aos escearios para seguir coa xira de presentación de “Co Xenio Destrozado”.
Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.
Videoclip de “Co xenio destrozado”
“Milonga de aquí” ao vivo no Teatro Principal de Compostela
comments powered by Disqus