Domingo 29 setembro de 2013 • 21:30 h Música | 10€ ANT / 12€ TAQ
Bigott (folk pop, Zaragoza)
Entradas xa a venda no Aturuxo Bar.
Bigott, coa súa guitarra eléctrica e o seu amplificador, lánzanse de xira. Oportunidade inédita ata o de agora de escoitar en solitario ao xenio maño, debullando cancións de toda a súa traxectoria especialmente decoradas para a ocasión.
Trala consagración que supuso The Orinal Soundtrack (2011) e o seu infalible single Cannibal Dinner, o artista zaragozano, sempre disposto a seguir o seu instinto… decidiu levar á súa banda a Brasil, concretamente á Selva de Trancoso, para gravar un novo disco en directo e ao vello estilo: tocando todos á vez. Para iso contaba coa experta man do productor Paco Loco (membro oficial da súa banda) quen cargou ao avión o equipo necesario para levar a cabo tan aventurada empresa. As particularidades do clima tropical…os continuos saltos de corrente ou a aparición (inesperada) da fauna típica da zona, convertiron a grabación en toda unha aventura.
Blue Jeans (Abril 2013) é xa o seu sexto álbum e de novo reúne unha colección de cancións arrebatadoras. En algunhas aprécianse máis claramente influencias tropicais, como o tema que abre o disco (I Got Dengue) ou en Playboy’s Theme, así como a través da inclusión de percusións da zona (de feito salvo a caixa e os pratos traídos dende España, o resto da batería improvisouse/inventouse alí mesmo…) mentres que outras manteñen o espírito bigott máis coñecido.
Queda claro que a naturalidade e a maxia que desprende Blue Jeans só se podía conseguir desta maneira. E todas as cancións no seu conxunto, por enriba das circunstancias que rodearon a súa grabación, dan forma a un álbum que, unha vez máis, coloca ao seu autor no pódium dos máis lúcidos creadores do momento. Bigott é único e Blue Jeans é outro exemplo.
Para escoitalo: Bandcamp
comments powered by Disqus