Domingo 24 marzo de 2002 • 21:30 h Música | 3,00 €
Colás y las naranjas azules (Pop / Vigo)
Formados en agosto de 2001, influenciados pola tradición do pop britanico de todas as décadas, dende Kinks a Travis pasando por T. Rex, Jam, Madness… Integrados por J. Santirso (batería), Saul Puga (baixo), David Rodríguez (trompeta) e Nicolás Pastoriza (voz e guitarra), proveñen de bandas viguesas como Dr. Cotomondongo, Los Ernestos ou La Marabunta. Din que o seu hobby favorito é “copiar” de Ray Davies o seu gusto polas melodías pop así como a súa cínica e áspera maneira de contemplar a vida diaria en Londres, neste caso en Vigo.