Sábado 30 novembro de 2013 • 22:00 h Música | 4 €

Skarnivals (ska/rock, O Morrazo) + PDA [Pus de Alce ] (punk-rock, Pontevedra)

Skarnivals (ska/rock, O Morrazo) + PDA [Pus de Alce ] (punk-rock, Pontevedra)

Skarnivals

Nada en 2009 baixo o nome de Skakeo, Skarnivals é una banda galega que mestura a música ska/punk con raíces folk e mestizas.

En Decembro do 2010 publican o seu primeiro traballo (Skakeo) que tras a boa acollida no público lévalles en maio do 2012 a formar parte dun LP compilatorio internacional editado en Alemaña (Echte Übersee Records). En outubro dese mesmo ano, Skarnivals publica o seu primeiro LP, Torsión Mundial, que a principios de 2013 lles consegue unha praza no disco compilatorio Pinapromo 2013. Un disco que reúne a 15 bandas do panorama nacional baixo licencia Creative Commons.

Ata día de hoxe, levan compartido escenario con bandas como Def con Dos, Barricada, Boikot, Soziedad Alkohólika ou Reincidentes así como diversos bolos pola xeografía galega e nacional.

http://www.theskarnivals.com

https://www.facebook.com/theskarnivalsband

https://twitter.com/TheSkarnivals

PDA (Pus de Alce)

PDA (Pus de Alce) é un grupo de punk-rock cun estilo propio e persoal, que fai cancións espontáneas e atrevidas sen fixarse nos estereotipos nin nas regras e sen poñerse etiquetas. Naceu no mes de novembro de 2011. Agora, con 2 anos recén cumpridos e tras moito traballo fixéronse un oco na escena pontevedresa a pesar de ter un estilo radicalmente diferente que ao resto dos grupos locais e cos seus directos conseguiron atraer un público moi variado que se divirte e disfruta nos seus concertos.

Con máis de vinte concertos ás súas costas cun directo inconfundible que non deixa indiferente a ninguén, cun EP gravado no seu primeiro ano, un videoclip e no horizonte o lanzamento do seu primeiro LP a mediados de 2014.

http://pda-pusdealce.bandcamp.com/

https://www.facebook.com/pages/PDA-Pus-De-Alce/144370692337652?fref=ts

comments powered by Disqus