Domingo 13 xuño de 2004 • 21:30 h Música | Prezo por determinar

King Putreak

Dúas guitarras eléctricas, dúas voces recitantes e unhas bases pregravadas: baixo esta non demasiado común formación exprésanse os membros de King Putreak, debuxando mapaas rítmicos de diversa índole que os levan do tango ao rock’n’roll, do pseudo trip-hop ao folc inclasificable…Estes francotiradores do asfalto cébanse na imaxinería urban máis viciosa e rompen moldes cunhas cancións pretendidamente perigosas.

King Putreak formáronse en 1995 como banda de performance poética para dar saída aos textos de Babas e Turrón e ás decenas de experimentais melodías de Panta, primeiro guitarrista e programador. O que empezaron como áridos recitados arrítmicos fóronse transformando pouco a pouco en case cancións dun regusto altamente tóxico que plasmarían no seu primeiro CD “Nadie como del aire” (Subterfuge 98). Con este carácter de trobadores eléctricos conseguen compartir escenario con luminarias de centro psiquiátrico como Leopoldo María Panero ou Manolo Kabezabolo, ou con príncipes do carmíon como Dr. Deseo ou Josetxo “Bicho” Ezponda, chegando a ser acompañados en escena polo mesmísimo Julián Hernandez de Siniestro Total que lles pide permiso para unirse puntualmente a eles na xira estatal de presentación do seu traballo debut á marxe de Siniestro, Transportes Hernández y Sanjurjo. Esta extensa e intensa xira valeulles para gañar adeptos gracias a uns entregadísimos concertos sobrados de química en todos os sentidos. Tamén tocarón xunto con Manu Chao en Madrid ou con Porretas en Asturias.

Despois viría o seu segundo traballo, xunto a The Vientre, titulado BNCA, é dicir, ‘Buitre no como Alpiste’. Aquí definen moito mellor as súas inquietudes e aptitudes sustituíndo o politoxicómano discurso a queimarroupa por unha elaborada síntese de mensaxes directas: o canto de aliento magnicida de “El rey”, o marabilloso chotis endurecido de “Tango del tongao” que conta co acordeón de Gorka, cantante de Berri Txarrak, esa oda aos amigos caídos en combate que é o rock’n’roll neoiorquino de “Trampas, caídas e fantasmas”, o dueto con Francis Diez de Dr. Deseo no sinuoso bolero “Miel y Morralla”, etc, etc. Un disco con moitísimo que descubrir e que ofrecer. Rematadas as presentacións deste disco Panta abandona o proxecto.

A formación actual de King Putreak compóñena os Kikes, Turrón e Babas, médula espiñal do asunto, e Bruno, guitarrista e columna invertebral da banda, un guitarrista sucio e depravado que no seu peculiar estilo abrázase á iugular de Rory Gallagher para asfixiar o alento de Angus Young, iso sin deixar de acariciar as maneiras de Leonard Cohen. A cousa queda á espera do seu terceiro traballo, que está en plena prelación e que se titulará “Por aquí van los tiros”. Queda dito todo.

Visita a web de King Putreak