Sábado 14 decembro de 2013 • 21:30 h Música | De balde

Foliada dos Elelelos

Foliada dos Elelelos

Foliada dos Elelelos

Dende Retrouso de Cela convídannos a celebrar a recta final da campaña de mecenazgo social (crowdfunding) que están a levar a cabo para financiar o seu proxecto Elelelos (www.elelelos.com) cunha grande foliada.

Trátase dun dobre traballo discográfico que, por un lado, saca á luz unha escolma das recollas que levan feito por todo o Concello de Bueu nos últimos quince anos; e por outro un disco homenaxe a esas músicas e aos seus informantes, no que dende as distintas escolas de Retrouso re-interpretan unha ducia de pezas do noso Concello.

Así que xa sabedes, quedades tod@s convidad@s a vir cantar, tocar e bailar ao Aturuxo de Bueu o vindeiro sábado 14 de decembro. E, por suposto, botarémoslle uns fermosos Elelelos!!

http://www.verkami.com/projects/6404-elelelos-musicas-de-tradicion-oral-no-concello-de-bueu

comments powered by Disqus