Sábado 21 decembro de 2013 • 22:30 h Música | 5 €
Debuxos Reanimados
Inician a súa andaina musical en 1995. Dende os seus comezos ata hoxe gústalles tocar varios paus (jazz samba salsa punk rock blues rap muiñeira), pero con especial fincapé nas melodías que se escoitaban na TV, empregando a improvisación coma parte importante dentro dos eus espectáculos.
Gravan a primeira maqueta no estudio de Segundo Grandío en 1999. Despois viría o primeiro CD, Todos llevamos un monigote dentro, producido por Juan Hernández.
Seguen tocando e gravando o segundo CD, Somos raros, en 2007, do cal presentan cancións na TVG e no concurso A polo ghit, defendéndoo en directo en moitas das salas do circuíto alternativo. Xa no 2010, editan o terceiro disco, Piter Mcgyver contra los despojos rojos. Con este CD e novas cancións que van saíndo da perola cada dous por tres, o quinteto de cinco defende os seus directos con tanta desfachatez coma ousadía.
Na actualidade os seus compoñentes son: Teresa la Traviesa, Bugs Beni, Piter McGyver, Juan Sin Miedo, e El Niño Rafaelito.
comments powered by Disqus