Xoves 23 xaneiro de 2014 • 21:30 h Recital poético musical | 5€

Sobre o Desamor e outras Mariconadas. Proposta poético-musical para cicatrizar feridas

Sobre o Desamor e outras Mariconadas. 

Proposta poético-musical para cicatrizar feridas

Esta é unha viaxe chea de tobogáns vertixinosos con caídas libres e voos acrobáticos para describir unha experiencia tan sinuosa coma maravillosa: o amor-desamor.

Esta é unha proposta especial, distinta, mimada e coidada ata o seu último detalle, onde a través da voz a micro pegado e o carácter apaixonado do actor-creador Ricardo de Barreiro e a sensibilidade e serenidade do músico-compositor Guillerme Fernández, viaxamos por un planeta repleto de sensacións e emocións con cores vivas e ritmos pausados, serenos.

Esta é unha proposta poético-musical para cicatrizar as feridas do mundo que nos toca vivir, para polinizarnos emocionalmente os uns cos outros e sentirnos máis comprendidos, máis fortes.

Non é recital. Non é teatro. Non é concerto. Pero tén aromas das tres cousas. Simplemente é un xoguete.

Algún video de adianto:

http://www.youtube.com/watch?v=fMkbDY0rolc

http://www.youtube.com/watch?v=-opt7aNii3k

Actividade co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.

comments powered by Disqus