Sábado 1 febreiro de 2014 • 22:30 h Música | 6€ ANT / 8€ BILL

La Selva Sur (Balcánica Swing Rock..., Andalucía) presentando novo disco "Vacaciones en el infierno".

La Selva Sur (Balcánica Swing Rock..., Andalucía) presentando novo disco "Vacaciones en el infierno".

La Selva Sur é unha viaxe musical cosmopolita polas músicas rítmicas e máis bailables do mundo, levado ao escenario cun directo vibrante, festivo, singular e persoal, repleto de letras sinceras e comprometidas. Está é a carta de presentación de La Selva Sur, grupo que nace en Sevilla en 2006 xerminado por membros de distintos proxectos tan singulares como heteroxéneos da escena sevillana, tales como O’funkillo, Falso Dogma, Rare Folk ou Las Niñas.

Estilisticamente ecléctico, moi coidadoso no musical e de contrastada solvencia instrumental, La Selva Sur fai a súa propia relectura dun amplo espectro das músicas do mundo, onde dan cabida ao swing, ao reegae, ao skai, ás melodías balcánicas con ritmos afro-latinos e todo iso perfumado cun o aroma máis sureño, auténtica ‘transfusión musical’ que une música e festa cunha linguaxe propia e optimista.

En abril de 2013 ve a luz o seu segundo traballo discográfico, “Vacacións no Inferno”, unha auténtica bomba musical con mais swing, máis balkan, máis ska, ambientes de rock da fronteira, monitos de circo, amores dunha noite e mensaxes comprometidas.

Benvidos, propoñémosche unhas auténticas vacacións no inferno…

Máis info da banda:

http://www.laselvasur.es/

Unha opción para esoitar:

http://laselvasur.bandcamp.com/

Video Promocional:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=EBaTJQIx7Qs

comments powered by Disqus