Domingo 26 xaneiro de 2014 • 21:00 h Teatro | 5€

BÉRTOLA TEATRO DESMONTABLE presenta “O PACK CÓSMICO”.

BÉRTOLA TEATRO DESMONTABLE presenta   “O PACK CÓSMICO”.

RTOLA TEATRO DESMONTABLE PRESENTA “ O PACK CÓSMICO”.

Triloxía de microteatro escrita e dirixida por Mario Iglesias e interpretada por os actores Sé Rial, María Salgueiro e Xose Manuel Esperante.

“O PACKSMICO” está composta polas seguintes pezas:

O que ten cú ten medo:

Os socios internacionais do presidente do goberno, en especial os membros do club “Bilderberg”, ao que o propio presidente pertence como membro de categoría “Z”, proporcionan a este un enxeño fabricado polos seus científicos capaz de combater con verdadeira eficacia a crise á que está sometido o país: unha misteriosa caixa que simplemente deberá abrirse e o país se volverá produtivo e pouco conflitivo. O problema xorde cando o presidente descobre que quizais debeu informarse mellor sobre o produto.

A coincidencia cósmica:

Dúas secretarias descobren que dende hai un anaco fan e din exactamente as mesmas cousas. Decátanse de contado de que entraron nunha coincidencia cósmica, da que non resulta nin moito menos sinxelo saír.

O Cataclismo:

O presidente do país ten algo que comunicar ao seu persoal: o mundo enteiro está a punto de sufrir un cataclismo que reducirá o planeta a po e cinza se ninguén fai nada. E polo visto, ninguén fai nada, ou polo menos nada do que se espera.

comments powered by Disqus