Domingo 23 febreiro de 2014 • 21:00 h Música | 6 €

La iaia (Pop / rock, Cataluña)

La iaia (Pop / rock, Cataluña)

Demasiado a miúdo, dicir que o son dunha banda está en progresión apenas significa nada. Esta progresión adoita basearse no destilado e consolidación daquilo que mellor funcionou no disco anterior e nos últimos directos aderezado cunhas pequenas e calculadas doses de innovación.

Nada disto á aplicable a La iaia. La Iaia de resaibo folk e amable transfórmase no primeiro power trio da historia do rock catalán e ofrécenos unha arriscada mestura de cancións de temática onírica e, por conseguinte, menos explícita. Todo isto a través dun son xenuíno, contemporáneo, que non comparte ningún outro artista da súa xeración, e aínda así perfectamente identificable, propio.

Páxina oficial: laiaia.cat

(Foto: Ibai Acevedo)

comments powered by Disqus