Mércores 23 abril de 2014 • 21:30 h Música | 6€ ANT / 8€ BILL
An Tor (música tradicional irlandesa, Alemaña)
An Tor é un sexteto que toca música tradicional irlandesa. A banda foi fundada en Alemaña en 1997 polo cantante e frautista Nils Nolte, os dous violinistas Elke e Siggi Zörntlein, o acordeonista de botóns Greg Ostermann, o tocador de bouzouki irlandesa Klaus Kirchhof e o guitarrista Marcus Metz. Os seis aprenderon o seu oficio en sesións incontables e en talleres de mestres en Irlanda. Segundo a revista irlandesa Irish Music Magazine, An Tor é un dos grupos máis impresionantes que se pode atopar en Alemaña porque eles tocan música irlandesa a un nivel como se podería esperar con músicos irlandeses.
A banda xa tocou en Alemaña, Francia, Suíza e Austria. A súa música emitiuse a tráves das ondas radiofónicas en Irlanda (RTE), Irlanda do Norte (BBC Northern Ireland) e América do Norte. An Tor acenden o seu público cos seus arranxos modernos da música tradiciónal irlandesa. Presentan os seus reels, jigs e polcas con alegría de tocar e unha presenza sen compromiso. Ademais, o grupo destaca con cancións de amor do século XVIII. O grupo é famoso polo seu humor irónico e o concerto no Aturuxo en Bueu enmarcarase na súa primeira xira de Galicia.
comments powered by Disqus