Domingo 16 marzo de 2014 • 21:00 h Música | 6 €

Joe Petraski y los Carniceros del Tango

Joe Petraski y los Carniceros del Tango

Joe Petraski non é ninguén. Nin o cantante, nin o do contrabaixo, nin ningunha persoa física. Aínda así, Joe Petraski sempre asiste aos concertos; é o espírito de alguén que ninguén sabe se existiu, se existe ou se está por vir e que inunda do espírito da capital de Río de la Plata calquera lugar onde viaxa.

Dunha desas fusións que xorden cada millón de anos e que resulta nesa elegancia suburbana que é o Tango. Poderanse escoitar entre virtuais fumes de tabaco e sons de tacóns e taconazos ancestrais, iso que aínda conservamos as persoas como é o Tango. Un espectáculo no que se experimentarán sentimentos contraditorios. Un momento sen regras, sen normas, sen caravel na boca nin pelo engominado. Un momento no que se poderá ver pasear por alí a maxia do instante que só nos dá o auténtico tango arxentino, ese no que as persoas están por enriba dos humanos, e as bágoas se mesturan cos ollos abertos como pratos. Un momento de Tango.

  • Piano: Néstor Zarzoso
  • Clarinete: Victor Peris
  • Guitarra: Joan Herrero
  • Violín: Jesús Jiménez
  • Contrabaixo: Gato Marlatto
  • Voz: Javier Cocona

http://joepetraski.com/

comments powered by Disqus