Sábado 29 marzo de 2014 • 22:30 h Música | 2 €
Tales of Monkeys / Red Trebol
Tales of Monkeys
Isto empezou como adoitan empezar estas cousas, un grupo de amigos que un día deciden xuntarse para facer “música”, ou intentalo polo menos, cun par de guitarras eléctricas pero por varios motivos como a falta de presuposto para unha batería nin para amplis decidimos tirar polo acústico e a raíz dese intento de grupo de rock naceu Tales Of Monkeys. Dende o noso punto de vista o de optar polo rollito acústico foi un acerto.
A base músical do grupo compoñíase dun caixón, dúas guitarras, baixo e dúas voces, á que fomos engadindo un chelo e instrumentos como a mandolina, o banxo ou a harmónica para darlle un toque máis folk, influídos por grandes da música como Bob Dylan ou grupos máis actuais como Mumford and Sons, Imagine Dragons ou La M.o.d.a. entre moitos outros.
Compoñentes
- Daniel Pousada (guitarra, banxo e voz)
- Martín Martínez (voz, piano e harmónica)
- Alex Dios (guitarra e harmónica)
- María Martínez (chelo e mandolina)
- Luís Martínez (percusión)
- Alberto Pastoriza (baixo)
Red Trebol
comments powered by DisqusRed Trebol somos unha banda de rock alternativo formada a finais do 2011 en Bueu.
Os seus integrantes somos o guitarrista/vocalista Max, o baixista/vocalista Rubén e o batería Jaime.
Este último, que é de Poio, uniuse ao grupo a principios deste ano despues de que o antigo bateria e outro guitarrista que formaban o grupo, por motivos persoais/profesionais deixasen a banda. Pasamos por diversas etapas e modificacións na formacion ata chegar á actual. Para nós isto é unha nova etapa e estamos con máis ganas ca nunca de tocar e intentar facer o mellor posible o que máis nos gusta, música.
As nosas melodías van dende temas existencialistas, persoais a temas actuais, sociais. Non intentamos encadrarnos nun estilo, senón coller o que máis nos gusta de cada un e intentar facer algo o máis persoal posible. Grupos que nos influencian/inspiran, por exemplo, Incubus, Rage Against The Machine, Rede Hot Chili Peppers…