Sábado 5 abril de 2014 • 22:30 h Música | 5 €
Igmig (Electro-rock-punk / Galiza)
Igmig é un trío musical vigués dificil de encasillar: grandes doses de postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno… aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do s. XX como o serialismo e a improvisación.
As letras recordan o dadaísmo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo . A posta en escena é tremendamente eufórica, non queda un minuto para o descanso, os corpos bailan e súan electrizados. Enormes doses de interacción co público e moito humor.
Como resultado queda shaishakarraskaishe, unha festa sorprendente na que conviven, en forma de menú, nove pratos principais aderezados cun número indefinido de sorbetes e condimentos en forma de microtemas.
Ignacio Muñoz — teclado, electrónica e voces. Músico, productor e compositor, ten traballado para xente coma Mercedes Peón, Budiño, O.M.E.G.A.… Compositor de “off:ópera forte fonética” o seu alter ego Madamme Cell ten publicado traballos de música electrónica en numerosos net-labels.
Suso Feixón — percusión e voces. Na súa longa traxectoria como percusionista ten pasado por bandas míticas como A Roda. Pola noite transfórmase en Flydrums, un reputado percusionista de house e dance que ten traballado cos mellores dj do país.
Mig Seoane — guitarra e voces. Ten realizado numerosas B.S.O para teatro, cine e TV, os seus antecedentes están ligados a O.M.E.G.A, Budiño, Blackingstones, Mr Caracter, etc…
comments powered by DisqusEsta actividade conta co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.