Domingo 14 marzo de 2004 • 21:30 h Música | Prezo por determinar

Brasilian Night Quinteto (Música brasileira / Brasil-Galiza)

Brasilian Night, cos seus dous anos de existencia vén demostrar, concerto tras concerto, a gran conexión existente entre Brasil e Galiza.

O grupo, capitaneado polo cantante brasileiro Carlos Gustavo Almeida coa súa guitarra acústica, conta nas súas filas co tamén brasileiro Ricardo Ferreira (baixo, guitarras eléctrica e acústica, voces) e os galegos Benito Miniño (guitarra eléctrica e baixo), Carlos Lago (batería) e Luís Lago (percusión).

No seu repertorio o grupo tenta ensinar algo alén da bossa-nova e o samba, tendencias máis ca recoñecidas en todo o mundo e que sempre é o que se asocia a este país suramericano.

No repertorio tamén se atopan outras tendencias da riquísima música popular brasileira, coma o reggae, o funk, o forró ou mesmo o jazz.

Brasilian Night repasa dende a bossa-nova de Tom Jobim ou Vinícius de Morais, pasando polas exquisitas composicións de Djavan, Caetano Veloso ou as do seu ministro de Cultura, Gilberto Gil, ata as máis recentes aparicións da música brasileira, coma son Lenine, Chico César ou Zeca Baleiro, entre outros.

Visita a web de Brasilian Night Quinteto