Domingo 27 abril de 2014 • 21:00 h Música | 5

Martelo (Rock, Galiza)

Martelo (Rock, Galiza)

Martelo é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena estatal do Rock. Cancións orixinais, combativas e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os poucos que escoitaron a Martelo, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band como principais referencias. Para saír de dúbidas, nada como velos en directo…

Formación

  • Max Gómez, batería
  • Manuel Cebrián, guitarra
  • Xacobe Mártinez, baixo e voz

Máis info en http://www.martelorock.com

Actuación participante na Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic

comments powered by Disqus