Domingo 11 maio de 2014 • 21:00 h Música | 6 € ant. / 8 € billeteira
Mapi Quintana & Elías García
Despois dun periodo de descubrimento e selección de cancións tradicionais recollidas no concello de Lena (sur de Asturias), Elías García e Mapi Quintana comezan, en maio de 2012, a estruturar e arranxar un repertorio baseado no material obtido, na busca dun novo contexto estético para esas melodías tradicionais.
A través de progresións harmónicas herdadas do jazz e a música europea do século XX, a improvisación e unha aproximación fresca e novidosa ao indie-jazz máis contemporáneo, Mapi Quintana & Elías García conseguen xerar unha nova e enriquecida atmosfera sonora, que ofrece unha nova perspectiva da música tradicional na que se basea.
comments powered by Disqus