Venres 20 xuño de 2014 • 22:30 h Música | 10 € adiantada / 12 € billeteira

Roy Panton & Yvonne Harrison (Ska / rocksteady, Xamaica) + Transilvanians (Ska / rocksteady, Vigo)

Roy Panton & Yvonne Harrison (Ska / rocksteady, Xamaica) + Transilvanians (Ska / rocksteady, Vigo)

Roy Panton & Yvonne Harrison

Roy & Yvonne constitúen un dos primeiros duetos de ska e rocksteady da escena musical xamaicana, con imperdibles carreiras musicais, tanto coma parella artística coma en solitario.

Roy Panton comezou a súa carreira musical dende moi novo, e cando rematou a escola decidiu tomar en serio a súa paixón pola música e apostar polos escenarios.

A finais de 1950, Roy Panton e Stranger Cole ficharon polo produtor Duke Reid, gravando así dúas cancións tituladas Freedom Land e Adam & Eve baixo o nome de The Rovers, un nome que xa non volverían utilizar porque despois desa gravación cada un seguiu camiños diferentes.

Lamentablemente esa gravación nunca vería a luz.

Roy gravou algunhas cancións con Monty Morris nos estudios de Coxsone Dood. Así foi como, por suxestión de ‘Sir Coxsone’, Roy Panton e Millie Small comezaron a cantar xuntos e conseguiron ser un dos duetos máis prolíficos da illa, deixando prensadas moitas gravacións baixo o nome ‘Roy and Millie’.

Por desgraza, tras a marcha de Millie a Inglaterra con Chris Blackwell coma manager, Roy volveu atoparse sen parella. Pero iso non duraría moito tempo.

No outono de 1962, a casualidade fixo que Yvonne e Roy se coñecesen e gravasen o seu primeiro single coas cancións Two Roads e Join Together no estudio WIRL, dirixido por Edward Seaga e que despois sería propiedade de Byron Lee (Dynamic Sounds Studios).

A súa magnífica interpretación e a compatibilidade perfecta das súas voces fixeron que Roy e Yvonne comezasen unha nova andaina xuntos, no que sería un dos duetos máis demandados no país.

Nos anos seguintes a parella de mozos compartiría escenario con grandes músicos coma Jackie Wilson, Doris Troy, The Merrymen ou Ray Charles. Tamén cantaron para Byron Lee nas súa famosas festas de fin de ano en 1963 e 1964. Precisamente neste último ano uns novísimos Roy & Yvonn aparecerían na mítica gravación do Sombrero Club.

Máis tarde cada un seguiría o seu camiño, deixando as súas carreiras musicais ao pouco tempo.

Case 50 anos despois vólvense atopar e voltan aos escenarios.

Un dos momentos máis esperados, tras a volta aos escenarios destas lendas xamaicanas en 2013, é o seu regreso aos estudios.

Un single e un longa duración con novas gravacións en estudio publícanse tras as catro décadas que tiveron que pasar para que o dúo se reencontrase e podermos gozar de novo material de dous artistas clave da época dourada do ska e rocksteady xamaicanos.


Transilvanians

Transilvanians fórmanse no ano 2004 na cidade de Vigo.

A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi dispares.

O que os leva a unirse é a paixón que senten por estilos de música negra coma o soul, funk, R&B e moi especialmente polo ska, rocksteady e o early eeggae xamaicanos.

Todo isto unido á súa afección polo xénero de terror, o western, a serie B e a ciencia ficción conforman unha proposta canto menos orixinal.

Xunto a composicións propias tamén interpretan temas de The Skatalites, The Temptations, The Melodians, Georgie Fame ou os británicos The Clash.

Nestes anos de traxectoria editan catro traballos discográficos e fan centos de concertos pola xeografía estatal e internacional (Portugal, Alemaña, Bélxica…) co seu propio repertorio ou apoiando a artistas como Roy Ellis aka Mr. Symarip, lenda do reggae ao que acompañan de maneira habitual en directo e co que gravaron no 2012 o seu novo single You Can’t Leave Now.

Editan no 2013 Kings Of Catacomb Reggay, un EP composto por 4 novas cancións que presentan por toda Europa. Para rematar ese ano son galardoados co premio da música galega como mellor banda na categoría Reggae, Ska & Mestizaxe.

Este presente 2014 (décimo aniversario da banda) aproveitarán para editar o seu esperado novo longa duración, apoiarán en vivo a outros artistas pioneiros xamaicanos e preparan o segundo tour europeo, que os levará nos meses de xullo e agosto por Francia, Alemaña, Bélxica, Holanda e Polonia, entre outros paises.

Compoñentes

  • Charly “Doctor C” Varela – Guitarra
  • Javier Marcos – Voz e percusión
  • Nestor Meizoso – Baixo
  • Xabi “Space Duke” Vieitez – Piano & Hammond
  • Kino “Little Cobra” – Batería & voz
  • Pedro Farinhas – Saxo & percusión
  • Antonio Rodríguez – Trombón & voz

Discografía

Singles
  • 2006 TRANSILVANIANS - CD/EP vinilo 7” (Ejecutor Records & ZombieJ)
  • 2010 THE VAULT OF.. - SG vinilo 7” (Liquidator Music)
  • 2012 ROY ELLIS meets TRANSILVANIANS - SG vinilo 7” (Liquidator Music)
  • 2013 KINGS OF CATACOMB REGGAY - EP vinilo 7” (Liquidator Music)
Álbumes
  • 2010 VAMPIRE LOVER - CD (ZombieJ Records).
Recopilatorios
  • 2008 SERÁ SI HAY, UN TRIBUTO A POTATO – Transilvanians inclue ‘Kiki’ (SoundRebel)
  • 2011 CANTA HISTORIA NA BARRIADA, XX ANOS DE SKACHA – Transilvanians inclue ‘The Ghost of Bouzas’ (La Contra Records)
  • 2012 A TRIBO TODA BAILATRIBUTO A OS RESENTIDOS Transilvanians inclue ‘En Kampuchea’ (Wea Spain)
  • 2013 THE CLASH GOES JAMAICAN Transilvanians inclue ‘Gates of the west’ (Golden Singles Records)

Máis info en http://www.transilvanians.com


Puntos de venda adiantada

  • Aturuxo Bar (Pazos Fontenla 59, Bueu)
  • Bar Princesa (Praza da Constitución 5, Vigo)
  • Carnaby (Rúa de Isabel II 18, Pontevedra)
  • A Reixa Tenda (Rúa de Mazarelos 9, Compostela)
  • Venda online en Bandeed
comments powered by Disqus