Sábado 3 maio de 2014 • 22:00 h Música | Ant: 6 € (Dúas entradas: 10 €) / Bill.: 8 €

Nirvana Cover + Doppler

Nirvana Cover + Doppler

Nirvana Cover

A mediados de 2012 Nirvana Cover comeza a súa andaina como tributo a Nirvana, a lendaria banda que nos anos 90 cambiou o curso da historia do rock. Un periodo de case dous anos de traballo na selección de cancións e ensaios meticulosos ata acadar un son que lle fai xustiza ao que significou e significa unha banda inmortal.

Este día Nirvana Cover realizarán no Aturuxo un repaso das mellores cancións da banda estadounidense, nun concerto que será gravado en audio e vídeo.

Nirvana Cover na rede: https://www.facebook.com/nirvanacover

Doppler

Doppler é unha banda de rock que se formou hai dez anos en Pontevedra, primeiro baixo o nome de Ibidem e despois Electric Funeral, ata que en 2010 adoptou o nome actual.

A música do grupo nútrese de influencias do rock, rock alternativo, grunge, stoner e metal, entre outros estilos.

Ata a data levan gravadas dúas demos: Doppler (2011) e Dopplergänger (2012), e na actualidade están presentando novas cancións que se incluirán na súa próxima demo e repasando temas clásicos do seu repertorio dos últimos anos.

A formación actual do grupo constitúena:

  • Rafael de la Guetto, batería
  • Jimmy Marrero, voz
  • Óscar Iglesias, guitarra e baixo
  • Javier Carpin, baixo
  • Pablingo Starr, guitarra

Doppler na rede:

Puntos de venda anticipada

  • Aturuxo Bar
  • Barullo Música (Pontevedra)
  • Pontemúsica (Pontevedra)
  • Rei Zentolo (Pontevedra)

Desconto de 1 € en billeteira presentando o flyer do concerto. Flyers dispoñibles en Aturuxo Bar e en Carnaby (Pontevedra)

comments powered by Disqus