Domingo 25 maio de 2014 • 21:00 h Música | 6 € ant. / 8 € bill.
José Antonio Rodríguez Trío (Flamenco / Andalucía)
José Antonio Rodríguez é un dos poucos compositores de música flamenca con prestixio internacional. A isto hai que engadirlle as súas características de brillante intérprete e profesor.
Posúe un amplo currículum que o avala como un dos referentes no mundo da música flamenca. Conta no seu haber con importantes premios e coa gravación de seis discos en solitario con composicións propias, incluíndo o último deles, Anartista (2012).
En 1990 estrea o seu concerto para guitarra flamenca Viento de Libertad coa orquestración de Joan Albert Amargós. Así mesmo intervén na posta en escena do espectáculo A Oscuras xunto a Enrique Morente. En 1995 participa na película Flamenco de Carlos Saura. Acompaña a Camarón e Paco de Lucía na obra discográfica Nochebuena Gitana.
Produce e colabora en discos de coñecidos artistas como Esperanza Fernández, Omar Faruk Tekbilek, Enrique Morente, Manolo Sanlúcar, Joan Baez…
Participa nos máis importantes festivais de guitarra nacionais e internacionais. En 2004 inicia unha xira mundial presentando o traballo No es lo mismo como artista invitado de Alejandro Sanz. Rodou en Madrid a película Iberia de Carlos Saura. Interviu como intérprete na película Alatriste.
Actualmente, ademais de continuar a súa carreira como solista, está inmerso no proxecto Acoustic Fever–Tour, banda internacional formada por Herman Rarebell (Scorpions), Bobby Kimball (Toto), Don Dokken (Dokken), John Parr, José Antonio Rodríguez, Michael Voss, etc.
Podes atopar máis información na súa web
Actuación participante no programa Artistas en Ruta
comments powered by Disqus