Sábado 31 maio de 2014 • 22:30 h Música | 4 €

Reynier Aldana Band

Reynier Aldana Band

Reynier Aldana (A Habana, 1982), músico multiinstrumentista e compositor, forma parte da nova xeración de trobadores cubanos. Acompañou a diferentes artistas cubanos como Frank Delgado, Eric Méndez, Ray Fernández e Raúl Torrez.

Na súa música atópanse ritmos africanos, pop rock, funk, bolero e sonoridades electrónicas, sempre aderezados coas súas raíces cubanas.

Á súa chegada á comarca funda o proxecto Jazz Fusión co pianista Alejandro Vargas e o baterista L.A.R. Legido. Máis tarde forma a súa propia banda, Reynier Aldana Band, xunto ao baixista Fran Núñez (Evergreen, El Perro Flaco, A Tarantela Rabuda), o batería Fernando Fernández Nene (El Perro Flaco, A Tuna Rastafari, Pedro Freijeiro Quartet) e Max Gómez, batería cunha dilatadísima traxectoria musical (Jonathan Blake, Jaleel Shaw, Marcus Gilmore, Aaron Goldberg, Xacobe Martínez Antelo Quinteto, Martelo, Foxy Freire, etc).

Actualmente está promocionando o seu novo traballo, Tu libertad, e preparando o que será o seu primeiro disco.


Vídeo oficial

A súa música en SoundCloud

https://soundcloud.com/javao30

comments powered by Disqus