Domingo 22 xuño de 2014 • 21:00 h Música | 6 €

Palito & Zahorí

Palito & Zahorí

Quen é Palito?

Polo humor idolatrou a Mihura e pola filosofía amou a Plotino; estas dúas paixóns nunha é a esencia de Palito.

Dende o 2011 dáse a coñecer por todas as salas e todas as vilas de Galicia, entre outros puntos da Península, acompañada pola guitarra e a experiencia do excelso Zahorí (Javier López de Guereña) e cun puñado de cancións cheas de frescura, enxeño e sinxeleza.

En medio do delirio, o berro: Liberdade!

Hai que ir vela para crela.

Palito (voz e guitarra eléctrica), cantautora, baixista e guitarrista establecida en Santiago, inicia a súa carreira acompañada por Javier López de Guereña. Durante o presente ano, ademais dalgunhas actuacións en solitario, participou coma artista invitada en varios concertos da formación do recoñecidísimo Javier Krahe pola xeografía española. Colaborou con diferentes formacións e actualmente forma parte como baixista de Mr. Magoo.

Zahorí, Javier López de Guereña (guitarra española), músico, compositor, arranxista e produtor, ligado á banda de Javier Krahe dende hai 30 anos, destaca tamén por numerosas composicións para películas, arranxos para diferentes músicos e formacións jazzísticas, entre outras actividades da súa extensa carreira.

Máis información na páxina de Palito en Facebook.

comments powered by Disqus