Domingo 13 xullo de 2014 • 21:30 h Música | 6 €

Dummie (Jazz/pop, Madrid [concerto ao aire libre])

Dummie (Jazz/pop, Madrid [concerto ao aire libre])

Nota: se o tempo o permite (e semella que así vai ser), esta actuación realizarase ao aire libre, na terraza do Aturuxo.

Versión resumida

Dummie é unha banda de Madrid que ten un tema que se titula ‘Bueu’.

Versión completa

Dummie mestura perfectamente as sonoridades e harmonías do jazz con letras e melodías do pop máis novidoso. Debutan con Un jardinero en la Antártida, un disco cunha madurez inusual na súa opera prima.

Dummie nace en febreiro de 2011. Alejandro Serrano, vocalista e trompetista de No Reply, e Goiko Martínez, baterista de Mojo Project, xúntanse para formar unha nova banda a medio camiño entre o pop e o jazz.

Con múltiples influencias e un amplo percorrido nos últimos dez anos sobre os escenarios, deciden iniciar un proxecto que respire as influencias de artistas tan dispares como Jamie Cullum, Jorge Drexler, John Mayer, Antonio Vega, Esperanza Spalding, Jose James ou Roy Hargrove.

O seu primeiro disco, Un jardinero en la Antártida, nace coa gravación en sesión en El Náutico, un lugar único situado na costa de Pontevedra, e que se converteu en estudio de gravación expresamente para esta ocasión. Graváronse quince temas cos seus quince vídeos en catro días. Os trece temas que se plasmaron finalmente no disco foron rematados en estudios de Madrid nas sesións de recordings.

DuMMie

Alejandro Serrano e Goiko Martínez. Compositores, letristas e arranxistas.

Formación

  • Alejandro Serrano: voz, friscorno e trompeta
  • Goiko Martínez: batería
  • Óscar Fernández: contrabaixo
  • David Schutlhess: piano, Rodhes e Hammond

Máis información na páxina de Dummie en Facebook

comments powered by Disqus