Sábado 2 agosto de 2014 • 22:30 h Música | 8 € ant. / 10 € bill.
O Sister! (Swing vocal, Sevilla. Ao aire libre)
Actuación ao aire libre (se o tempo o permite)
Entradas anticipadas tamén á venda online
From Dixie to Swing
O Sister! é unha homenaxe á música popular norteamericana dos anos 20 e 30 e, en xeral, ás décadas douradas do dixie e do swing, levando como principal referencia artística as míticas The Boswell Sisters, trío de mulleres pioneiras no jazz vocal, que quizais non alcanzaron a popularidade que merecían, aínda que foron imitadas por moitos grupos vocais posteriores e admiradas por artistas do talle de Ella Fitzgerald.
A contemporaneidade e o sorprendente, malia o transcurso dos anos, da maneira de entender a harmonía, o ritmo e os recursos vocais das irmás Boswell, foi o que en 2007 impulsou a cantante Paula Padilla a formar este proxecto.
Dende entón, o traballo da agrupación céntrase fundamentalmente na procura e a experimentación arredor dun repertorio moi pouco coñecido e de grande interese tanto polo contido melódico como polas letras.
Ademais de mergullarse nesta linguaxe do jazz máis primixenio, a banda crea as súas propias harmonizacións e arranxos de temas clásicos standards, dos cales non se atopan versións a tres voces.
Pero nada deste labor tería sentido sen a perspectiva de poder ofrecer esta música en directo, segundo os parámetros nos que se desenvolvía aló polos anos 30 en teatros, clubs, garitos e mesmo na rúa.
O Sister! actualizan un estilo que pretenden achegar ao público xeral, e non exclusivamente ao oínte habitual de jazz, e recuperar así ese xeito de entender a música (aberta, espontánea, divertida e directa), que tan necesaria se fai na realidade actual.
Máis información en Facebook e na súa web.
Audio de O Sister! en Bandcamp
comments powered by Disqus