Domingo 10 agosto de 2014 • 21:30 h Música | 5 €
Talabarte (Galiza)
Talabarte son un trío único: o violino de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García.
Un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional. Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escena musical galega, un trío que ten como punto de partida a música tradicional dende un punto de vista actual, contemporáneo.
Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes cun repertorio cheo de referencias a ritmos, melodías e composicións doutras latitudes, mesturando versións e composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.
Proveñen de bandas como Berrogüetto, Marful, Susana Seivane Grupo… contemporaneidade e tradición xuntas nun concerto sen igual no que será imposible deixar de mover os pés nin deixar indiferentes os sentidos.
Compoñentes
- Pedro Pascual: acordeón diatónico
- Kim Gacía: contrabaixo
- Quim Farinha: violino
comments powered by DisqusActuación participante na Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic