Domingo 14 setembro de 2014 • 21:00 h Música | 4 € ant. / 6 € bill.
Hugo Arán
Hugo Arán (Sabadell, 1980) é un músico e letrista de formación autodidacta. Xa na súa primeira etapa se sente atraído pola guitarra e a música brasileira, que se deixará notar máis tarde en moitas das súas composicións.
En 2004 viaxa ao Brasil, onde coñece e afonda nos ritmos e harmonías do país. Este período sérvelle para empezar a escribir e compor as súas primeiras cancións, versionando e tomando como patrón a grandes referentes como Chico Buarque, Márcio Faraco ou António Carlos Jobim, entre outros.
En 2007 trasládase a Granada e forma o dúo Tato Azevedo xunto a Pablo Acevedo. Participan en diversos certames de canción de autor e son galardoados con multitude de premios, que lles permiten gravar o seu primeiro disco, Sordo (2008).
En 2011 Hugo Arán comeza o seu proxecto en solitario formando un repertorio que mestura estilos como a bossa nova, o baião, a zamba ou o jazz. A súa música adopta unha linguaxe íntima e sinxela, esquivando tópicos e lugares comúns. Cancións para un mundo que xira cada vez máis rápido e que ás veces pide a gritos algo de silencio.
Neste 2014 presenta Anuario, un disco coa produción de Aure Ortega e Carlos Narea e a colaboración de músicos de diversas raíces.
Facebook: Hugo Arán Música
comments powered by Disqus