Xoves 14 agosto de 2014 • 18:00 h Música | De balde

King Sativa Sound System (Roots & Dub | Actuación ao aire libre)

King Sativa Sound System (Roots & Dub | Actuación ao aire libre)

King Sativa é unha sound system nacida en Galicia, herdeira da mítica Black Milho Sound. King Sativa dispón do seu propio sound system, algunhas producións propias e dous bos singers que crean unhas festas auténticas e orixinais.

Esta sound foi fundada por Ganjaman Selectah e Original Pedrolo a comezos de 2013. Máis tarde incorpóranse Sakhan e GRime Selector á militancia do sound.

King Sativa é tamén un colectivo de amantes do reggae, é un sound system preparado para coidar ao máximo o son orixinal xamaicano e rebentar pistas a golpe da mellor selección de roots & dub, producións propias e todo o lume proporcionado polos seus dous fieis singjays. Algúns dos seus membros contan con máis de 10 anos de experiencia facendo reggae e iso nótase.

A sound comprometida co reggae roots e o dub, mesturando vellos riddims cos sons máis vangardistas da illa e de Reino Unido, coidando mooto o son cun bo equipo e un barco cheo de vinilos, moitos deles recompilados en viaxes perseguindo sempre o reggae (Xamaica, R.U., Alemaña, Francia, USA…).

Original Pedrolo

Sakhen

King sativa

Mixes Ganjaman Selectah


comments powered by Disqus