Mércores 10 setembro de 2014 • 21:30 h Música | 5 €

Pan de Capazo

Pan de Capazo

O concerto de Pan de Capazo nace dun concepto de espectáculo sen ataduras, dinámico e divertido, entrañable e sensible, enerxético e rabeoso.

A súa música é unha fusíon de culturas. Instrumentos, ritmos, melodías de toda Europa ao servizo de cinco homes tamén cunha distinta raíz mais cun so tronco, a cultura tradicional.

Neste tronco, xa hai sete anos, iniciouse a sua senda coma conxunto. Esta é unha árbore chea de bifurcacións, búsquedas incesantes. De música vella, poderosa e vital, chea de forza e enerxía. De instrumentos anciáns que nos evocan outros mundo. Folk de raíz mais sen prexuizos.

Máis información na súa páxina en Facebook

comments powered by Disqus