Domingo 19 outubro de 2014 • 20:00 h Música | 4 €
Pedro Pastor (En formato trío | AIEnRuta-Artistas)
OLLO: Actuación programada para as 20:00.
Dezanove anos e cando o escoito cantar consegue emocionarme… El cre que cantar é o mellor xeito de loitar e de morrer; e que cantando pode participar na salvación do planeta… —eu crino sempre e sígoo crendo aínda—. «Teño sede de facer cancións», cántanos… ¡E canta, e canta!… Estar preto del nun concerto —por suposto nos seus, e nos de calquera dos seus compañeiros— é non deixar de velo e de sentilo cantar… Hao mamado desde mozo e leva a canción incrustada na súa identidade. Ten un sorriso e unha mirada moi limpas, e ama a vida… Adoita confesalo de forma totalmente espontánea: «Díxenvos que son feliz?»… «Viva vivir e viva cantar. E viva a vida, joder»…
É, sen dúbida, unha das máis novas esperanzas da nosa canción popular.
Pedro Pastor gravou e publicou o seu primeiro EP (Setembro 2012) titulado Aínda que está mal contalo“.
Pedro Pastor conseguiu atesourar no contexto da súa espontánea e natural mocidade, unha moi sa madurez: madurez persoal e humana —que o fai especialmente atractivo—; madurez literaria en proceso de libre e progresiva creación; e madurez musical —crisol de ritmos, tendencias, estilos e melodías— que crece e vaise definindo ao compás da súa vida.
—F. Gonzalez Lucini
Pedro Pastor leva cociñando no estudio o seu novo CD desde xaneiro deste 2014, 12 cancións de rebeldía e amor producidas por Markos Bayó. Estará dispoñible a partir de outubro baixo o nome de La vida plena.
Actuación participante no programa AIEnRuta-Artistas
Máis información na súa web.
comments powered by Disqus