Domingo 23 novembro de 2014 • 20:00 h Música | 5€ ant. / 7€ bill.

Alpargata

Alpargata

Esta inclasificable banda de fusión, radicada en Madrid, volve á estrada para presentar o seu último e polémico single, La Rumba Illuminati, adianto do seu próximo disco.

Combinando rumba, humor absurdo, psicodelia e a improvisación en escena, Alpargata une todos estes elementos cun espírito rebelde e combativo que a converteu nunha banda referente no seu xénero.

Liderada polo madrileño Mario Boville e o galego Santi Cañete, Alpargata leva dando guerra en salas e festivais dende hai preto de 10 anos. Neste último fixeron a súa primeira xira europea, que os levou por España, Francia, Bélxica e Holanda, e na que, entre outras cousas, tiveron oportunidade de probar viños e queixos de gran calidade.

Máis información en www.alpargataband.com e en Facebook

comments powered by Disqus