Sábado 22 novembro de 2014 • 23:30 h Música | De balde

Festa II Aniversario Lindy Hop Bueu

Festa II Aniversario Lindy Hop Bueu

Lindy Hop Bueu é unha comunidade de afeccionados á música e o baile swing que naceu hai 2 anos dentro do Aturuxo. Dende entón non deixou de medrar, e agora celebran o II aniversario no primeiro local en que bailaron lindy hop.

A festa é gratuita, aberta a lindyhopeiros e curiosos, haberá un concurso de baile, Jack & Jill están tolos no que calquera pode participar, e algunha que outra sorpresa máis.

Se aínda non coñeces o lindy hop, achégate por aquí a bailar ou escoitar temazos dos anos 20, 30 e 40!

Máis información dispoñible en Facebook.

comments powered by Disqus